viernes, 18 de diciembre de 2015

Razóns para visitar Lisboa

Supoñemos que se chegará o venres pola tarde e voltarase o domingo sobre a mesma hora.






Se tedes a tarde dispoñible podedes empezar por visitar o barrio de A Baixa. Un bo inicio é comezar pola Praza dos Restauradores onde se atopa o magnífico edificio do Hotel Edén. Na praza comeza a Avenida da Liberdade, a máis importante de Lisboa, que acaba na Praza do Marqués de Pombal, onde comeza a moderna Lisboa.
Praza dos Restauradores  
Esta imaxe foi obtida de(www.disfrutalisboa.com/lisboa-en-48-horas)

              
Ó lado atópase a Praza del Rossio co Teatro Nacional e o seu famoso Café Nicola. Esta praza é un dos lugares con máis antigüedade de Lisboa. De aquí podedes acercarvos á Praza de Figueira cas súas pintorescas casas amuralladas e que ofrece unhas boas vistas do Castelo de San Xurxo.
Praza da Figueira está na Rúa Peonil é unha rúa moi famosa, a través dun arco triunfal, entra na praza do Comercio. Non podes esquecer as dúas rúas que se cruzan, a Rúa Augusta: a Rúa Áurea e Rúa da Prata. Se estás canso, podes coller o tranvía número 12, ca súa ruta facémonoss unha idea do barrio. É unha área moi antiga que se atopa facilmente por ser un dos lugares máis recoñecidos da cidade.





Praza do Rossio obtida de(www.disfrutalisboa.com/lisboa-en-48-horas)

 
Agora póñovos este vídeo coas razóns para visitar Lisboa:
 


Antía        

Evolución da cidade de Lisboa

                                     
 Lisboa é unha das capitais europeas máis antigas, pero na súa evolución sufriu moitos cambios significativos. O máis catastrófico foi o terremoto de Lisboa, que aconteceu o 1 de novembro de 1755, un dos máis destrutivos e mortais da historia.
Este sismo, considerado a maior catástrofe da cidade, arrasou coa vida e coas casas de millóns de persoas.

Sobre as nove da mañán empezou o sismo que tivo unha magnitude de 8.5 grados na escala Richter e produciuse a 200 kilómetros da costa de Lisboa, polo que o sismo foi seguido por un tsunami e un incendio que provocou a case total desaparición de Lisboa; no medio do caos despertou tamén a pillaxe. Só se mantiveron parte das vivendas do Bairro Alto e da Alfama.

Despois do incidente, na reconstrución ampliáronse as rúas para evitar a propagación de posibles incendios e xa se distinguían rúas de estradas, reduciuse a altura dos edificios, deseñáronse sistemas de alcantarillado, é dicir, aplicáronse medidas racionais na construcción para previr posibles catástrofes.
  Lisboa xa fora devastada anteriormente por outro desastre natural, o terremoto do 26 de xaneiro de 1531.



Marqués de Pombal

Sebastião José de Carvalho e Melo,  máis coñecido coma Marqués de Pombal ou Conde de Oeiras, naceu o 13 de maio de 1699 en Lisboa e faleceu en Pombal, Coímbra o 8 de maio de 1782. Na súa xuventude estudou dereito na Universidade de Coímbra e durante un corto período serviu no exército. Foi un estadista portugués  eo representante do despotismo ilustrado en Portugal no século XVIII.
En 1738,  Sebastião de Melo foi nombrado para o seu primeiro cargo público, coma embaixador en Londres, despois en Viena. Foi primeiro ministro do rei José I desde 1750 ata 1777, e se lle considera unha das figuras máis controvertidas e carismáticas da Historia Portuguesa.    

A súa primeira esposa foi Teresa de Mendonça e Almada entre 1689 e 1737, sobriña do conde de Arcos coa que casou por un acordo familiar. Tras a morte da primeira muller, casou con a condesa Maria Leornor Ernestina Daun, filla do Mariscal austriaco Leopold Joseph Daun.
O Marqués de Pombal remozou a cidade de Lisboa tras o terremoto e incorporou as novidades científicas e constructivas propias da Ilustración: medidas de seguridade nos edificios, rúas rectilíneas e outros elementos que procuraban a mellora na calidade de vida dos lisboetas.



Cantiga "Ondas do mar de Vigo"

Ondas do mar de Vigo,
se vistes meu amigo?
E, ai Deus, se verrá cedo!

Ondas do mar levado,
se vistes meu amado?
E, ai Deus, se verrá cedo!

Se vistes meu amigo,
o por que eu sospiro?
E, ai Deus, se verrá cedo!

Se vistes meu amado,
o por que ei gran coidado?
E, ai Deus, se verrá cedo! 

                                   Martín Códax 

Paralelismo.
Refrán.
Leixaprén. 


Esta cantiga é cantada por unha voz feminina. O tema é o lamento pola ausencia do amigo ou namorado. Estas cantigas de amigo, chámanse cantigas de retagarda, porque a muller se pregunta con ansiedade polo seu compañeiro que debe estar embarcado, quizais co rei.
A palabra "amigo" adoita aparecer nos primeiros versos e serve de palabra clave para identificar o xénero.
Ten como escenario o mar, co que en ocasións conversa a rapaza.
Está formado por 4 estrofas, de 2 versos máis un estribillo cada unha, trátase de versos de arte menor (heptasílabo) e presenta unha rima asonante. Ten recursos formais nos que abunda a repetición.

Avenida da Liberdade

A Avenida da Liberdade foi deseñada polo Marqués de Pombal, en 1755 tras o terremoto, por ela só podían pasear os nobres. En 1821 este paseo foi convertido nunha das zonas máis emblemáticas da cidade de Lisboa e quedou aberta a todo o público. As súas dimensións son: 1100 metros de largo por 90 de ancho. Na avenida, á dereita, hai tendas de luxo coma Armani e Dolce&Gabanna,  á esquerda, atópase o "Monumento aos Mortos da Grande Guerra".

Imaxe sacada de: https://pt.wikipedia.org/.../Avenida_da_Liberdade
  






                                                                                                                    Inma e Jenni

jueves, 17 de diciembre de 2015

Universidade de Lisboa







É unha universidade pública fundada na cidade de Lisboa no 1836. Distínguese das outras institucións da enseñanza superior desa ciudade, coma a Universidade Técnica de Lisboa e a Universidade Nova de Lisboa. Tamén do Estudo Geral fundado en Lisboa en 1290, e que no 1308 trasladouse a Coímbra.
Esta imaxen foi obtida de:https://es.wikipedia.org/wiki/Universidad_de_Lisboa#/media/File:S7000236.JPG

Localizase:
Alameda da Universidade s/n Lisboa, Portugal.

Coordenadas:
38°45′09″N 9°09′32″O

Academia:
Hai uns 20.000 estudiantes cada ano.

Sitio web:
www.ulisboa.pt

Antía






Convento do Carmo en Lisboa

Convento e igrexa do Carmo vistos dende o Rossio.



















 











É un antigo convento da Orden dos Carmelitas da Antiga Observancia, que se localiza no Largo do Carmo e foi erguido, con vista ao Rossio (Praza de D. Pedro IV), na colina frontal do Castelo de San Xurxo, na cidade de Lisboa.

Convento do Carmo de Lisboa: portada.














 
               
     





Estas dúas imaxes foron obtidas de:
https://pt.wikipedia.org/wiki/Convento_do_Carmo_%28Lisboa%29



Correo aos pais de Leo

 @ALeo90
Queridos papá e mamá:
Estouno pasando moi ben aquí. Sempre teño cousas por facer e algún lugar por  visitar. Todo é moi fermoso. Moitas das  decoracións son feitas artesanais coma, por exemplo, as baldosas que están debuxadas e pintadas a man. Tamén gústame a maneira na que está construída a cidade, pero non son quen de afacerme ao horario lisboeta.
O almorzo é normalmente ás 8:00 da mañá, almorzase  un café con leite e un bolo para acompañalo, é ás 9:00 da mañá xa están todos os habitantes da cidade paseando polas rúas. Xantase entre ás 12:00 e ás 14:00; e a comida é moi variada , sen dúbida o prato que máis me gustou foron os bolos de bacallao.
Con todo o que xanto, non acostumo cear, pero normalmente aquí cease entre as 19:00 e as 21:00.
En dous días voltarei a escribirvos.Bicos!
20 de xaneiro de 2011 ás 15:25 h
                                                                                                                       Luis e Alfonso

martes, 15 de diciembre de 2015

Cemiterio dos Prazeres

É o maior cemiterio da capital portuguesa, está situado na parte occidental de Lisboa, cerca do barrio do Campo de Ourique.

 Esta imaxe foi obtida de: https://es.wikipedia.org/wiki/Cemit%C3%A9rio_dos_Prazeres

 Historia:
 En 1833, foi urxente a creación dun gran cemiterio por un brote de cólera polo que morreu moita xente. O nome "dos Plazeres" deriva do nome da antiga quinta que ocupaba o lugar no que actualmente se encontra no cemiterio.

Rincón dos artistas:
 Entre as personalidades ilustradas que están soterradas no Cemiterio dos Prazeres hai actores, cantautores, escritores, pintores e presentadores de televisión.

Antía e Jenni 

jueves, 10 de diciembre de 2015

Elevador de Santa Xusta



O elevador de Santa Xusta, tamén chamado como Elevador do Carmo, é un ascensor que une os barrios de Baixa Pombalina e o Chiado en Lisboa, Portugal. Este ascensor foi deseñado por Raoul Mesnier de Ponsard, e a súa construción comezou en 1900 e finalizou en 1902.

 Descrición:
 A súa altura é de 45 metros, a súa estrutura está completamente contruida de ferro. A decoración é de estilo neogótico, cun deseño diferente en cada un dos seus niveis. O interior dos seus ascensores é de madeira e poden coller 24 persoas en cada un.



 Imaxe sacada de: https://es.wikipedia.org/wiki/Elevador_de_Santa_Justa

Operación:
A estrututa perdeu a súa finalidade, como medio de transporte permanecendo como unha atración turística lisboeta. O elevador de Santa Xusta distínguese dos demáis elevadores por ser o único configurado como ascensor urbano.

 Jenni e Antía






Zanguei_me com meu amor



Portugués
Zanguei-me com meu amor
Não o via em todo dia
À noite cantei melhor
O fado da Mouraria!
O sopro duma saudade
Vinha beijar-me, era hora.
Pra ficar mais à vontade,
Mandei a saudade embora!

De manhã, arrependida,
Lembrei e pus-me a chorar.
Quem perde o amor na vida,
Jamais devia cantar!

Quando regressou ao ninho
Ele que mal assovia,
Vinha assoviar baixinho
O fado da Mouraria!


Castellano
Me enfadé con mi amor
No lo vi en todo el día
Por la noche canté mejor
El fado de la Mouraria!

El soplo de la nostalgia
Vino a darme un beso, de hora en hora
Para estar más a gusto,
Eché la saudade fuera!

Por la mañana, arrepentida,
Lo recordé y me puse a llorar.
Quien pierde el amor en la vida,
¡No debería volver a cantar!

Cuando regresó al nido
El apenas silba
Venía silbando suave
El fado de la Mouraría!


Galego
Anoxeime co meu amor
Non o vin en todo o día
Á noite cantei mellor
O fado da Mouraría!
O bafo da morriña
Viña a bicarme, era hora
Para estar máis leda
Mandei a Saudade fóra

Pola mañá, arrepentida,
Acordei e dei en chorar. 
Quen perde o amor na vida,
Nunca máis pode cantar!

Cando regresou ao niño
El, que a penas asubía
Viña asubiando baixiño
O fado da Mouraría!

                                                                      








 Alfonso e Clara  


Fernando Pessoa

Fernando Antonio Nogueira Pessoa, (13-06-1888---30-11-1935)


As súas afeccións eran a publicidade, o comercio, o periodismo, pero, sobre todo, a literatura.
Traballou varios anos como tradutor de inglés, porque estivera en Sudáfrica estudando esta lingua.
Asinaba  con heterónimos, como Alberto Caeiro, Álvaro de Campos, Bernardo Suárez e Ricardo Reis, algunhas das súas poesías . Ademais, criticaba as súas propias obras co autor co que escribía a poesía.
Cando a súa avoa morreu, deixoulle unha pequena herdanza, grazas á cal montou unha imprenta que fracasou ao pouco de abrir.
Escribiu os seus primeiros versos en inglés tras a morte da súa irmá.
Inma e Hicham

miércoles, 9 de diciembre de 2015

Os tranvías

En Lisboa, os tranvías son o transporte máis útil e a atración turística máis importante.
Hai cincuenta e oito tranvías, que recorrren cinco rutas, pero, sen dúbida, as máis importantes son a número 28, a número 12 e a número 15.
  • O tranvía número 28 é o máis coñecido e o de maior percorrido. Pasa por: O barrio alto, Alfama, Chiado, Graça e o xardín da Estrela.
  • O tranvía número 12, é o máis corto de todos, pero o máis útil para as persoas que viven na Praça de Martim Moniz, no barrio da Graça e na Praça da Figueira ou as dos arredores.
  • O tranvía número 15, máis moderno, que fai percorrido por: Belem ou pola torre de Belem se alguén quere probar os famosos pasteles de nata, Praça da Figueira, Praça do Comercio, pola estación de tren e metro, Cais de Sodré, Alcântara.
Foto descargada de Google.
Os tranvías exclusivos de Lisboa son:
  • Cor verde: Percorre a Praça de Figueiras, a catedral de Lisboa e a zona do Castelo de San Jorge.
  • Cor vermello: Fai un percorrido máis extenso pasando pola Praça da Figueira, Catedral de Lisboa, Castelo de San Jorge e máis.

 Imaxe descargada de Google.


Os billetes poden adquirirse na Praça do Comercio, na Praça da Figueira, porque por alí pasan todos os Tranvías de Lisboa, tamén podes compralos no Elevador de Santa Xusta ou a bordo. 
Inma e Hicham

Río Texo


Tejo do Castelo Almourol.JPG


O Texo é o río máis grande da Península Ibérica e desemboca no Océano Atlántico, xunto a Lisboa.

 Características:

Percorre unha lonxitude de 1008 Km. A súa conca ten unha superficie de 80 600Km cadrados, os seus principais afluentes son: Jarama, Guadarrama, Alberche, Alagón, Guadiela e Salor.


                                                           Imaxe procedente de: https://gl.wikipedia.org/wiki/Río_Texo

Jenni e Antía        

O fado


É un tipo de música portuguesa, introducido en Portugal na segunda metade do século XVIII. Expresa os malos momentos da vida a través do canto dunha soa persoa, acompañada pola viola e a guitarra. Os temas máis cantados son a melancolía, a morriña ou pequenas historias da vida nos barrios humildes, o fatalismo e a frustración. É un xénero artístico que alía a música á poesía, e que se practica extensamente en diversas comunidades de Lisboa. No 2011, o fado, como canción urbana de Lisboa, símbolo distintivo da cidade e do país, recibiu a distinción de Patrimonio da Humanidade concedida pola UNESCO.

Principais cantantes do fado:
Mariza: Naceu en Mozambique, o 16 de decembro do 1973, é unha das cantantes de fado máis importantes de Portugal.
Amália Rodrigues: Naceu en Lisboa, o 23 de xullo do 1920. Residiu en Madragoa, a súa casa na actualidade pasou a ser un museo.

Historia do fado:
O fado atópase nunha primeira fase asociado a contextos sociais de marxinalidade e transgresión, en ambientes frequentados por prostitutas. Cando se celebraban espectáculos, os primeiros rexistros discográficos producidos en Portugal conlevaban custos bastante elevados. No contexto dos instrumentos de mediatización do fado a TSF (Telegrafía Sen Fíos) asumiu unha importancia central nas primeiras décadas do século XX. Da intensa actividade de estacións de radiodifusión verificada entre 1925 e 1935, destácanse a Radio Portuguesa, rapidamente popularizada polo destaque que deu ao fado. Co golpe militar do 8 de maio de 1926 e a implantación da censura previa sobre espectáculos públicos, prensa e outras publicacións, a canción urbana sufriría profundas mutacións.
Saleta e Alfonso





Café a Brasileira

O café a Brasileira é o café máis emblemático da cidade de Lisboa, fundado o 19 de novembro de 1905 na rúa Garett número 120-122 xunto ao largo do Chiado en Lisboa.
A súa decoración  art deco confialle unha elegante estética. Na súa terraza é posible sentarse xunto a escultura de Fernando Pessoa, quen acudía a esta cafetería a diario.



                                                                                                                       Luis e Alex   



Bolo de bacallau

Ingredientes:
Imaxe obtida de: www.canalcocina.es
-1/2 kg de patacas.
-500 g de bacallau.
-350 g de cebola picada.
-70 g de salsa de ceboliño.
-20 ml e aceite de oliva.
-Sal.
-Pimenta.
-2 ovos.
-1/2 taza de fariña de trigo.
-1/2 l de aceite de xirasol ou de oliva para fritir.


Preparación: 
 Tómase o bacallau cocido, limpase de peles e espiñas, mestúrase con patacas cocidas cortadas en pedazos, e pasase todo pola máquina de picar. A masa resultante mestúrase con leite e xemas de ovos e aderézase cun pouco de sal fino  e pimenta en po. Bátese a masa, xúntanse as claras de ovos, previamente batidas en castelo, mestúrase todo rapidamente, collese a masa cas culleres, facéndose pasar dunha para outra, (as culleres móllanse en aceite de oliva onde se friten os bolos) e axiña póñense a fritir. O aceite debe ser abundante, para que os bolos mergúllense sen tocar o fundo. Retíranse os bolos da tixola e preséntanse nun prato.

viernes, 4 de diciembre de 2015

Pirámides de poboacion

Pirámides de poboación de Portugal nos anos 1991 e 2013


 Dende os anos 80, Portugal iniciou un proceso de diminución da natalidade.A mellora da sanidade e das condicións sociais, facilitaron o aumento da esperanza de vida que pasou dos 75 aos 80 anos e case ós 90 da actualidade.


Estas dúas imaxes proceden de: blogdegeografiadejuan.blogspot.com


A vellez pasa factura a Portugal

  O Goberno de Portugal enfrentarase nas próximas décadas ao maior desafío: o         envellecemento da poboación.En 40 anos, a súa tasa de natalidade, sufríu unha gran decaída: cando Portugal tiña 6,3 000 000 habitantes, non tiña necesidade de pagar xubilacións, escolas ou seguridade social. Esto quere dicir que vai a ser o país con menos porcentaxe de xóvenes e tamén seŕa o máis envellecido. 

Todo esto foi sacado en: http://internacional.elpais.com/internacional/2015/10/02/actualidad/1443805027_476881.html
                                                                                                          Antía e Jenni
                                                                                                                   



jueves, 3 de diciembre de 2015

A Fada-Bruxa, libro en portugués



Texto orixinal en portugués


A fada Rosinha vivia com a sua mãe num castelo com torres douradas em cima de uma nuvem.
No dia do seu aniversário, ela recebeu uma varinha mágica.
Uma tola varinha mágica.
Rosinha teria preferido uns patins.
Mas isso não era permitido.
O que acontece se caíres e começares a sangrar do nariz?”,
gritava a mae.
isso é horrível para uma fada.”


Rosinha também gostaria de ter recebido um barco.
O que acontece se caíres na áuga?”, preguntava a mae.
O teu vestido ficaria todo sujo e o teu chapéu estragado.
Nao,isso é impossível.”

As fadas têm de estar sempre bonitas. E limpas.
Elas comem bolos sem fazerem migalhas
e nos seus vestidos nunca se vê uma nódoa ou uma mancha.
Com as suas doces vozes contam históricas de encantar umas ás outras.
E de vez em quando agitam a varinha mágica.
Rosinha pensou que as fadas eram muito aborrecidas.
E o pior de tudo era ela ser também uma fada.



Texto orixinal en galego

A fada Rosiña vivía coa súa nai nun castelo con terras douradas enriba dunha nube.
No día do seu aniversario, ela recibiu unha variña máxica.
Unha tola variña máxica.
Rosiña tería preferido uns patíns.
Mais iso non estaba permitido.
Que pasaría se caeras e comezaras a sangrar polo nariz?”, gritaba a nai.
Iso é horrible para unha fada.”
A Rosiña tamén lle gustaría recibir un barco.
E que pasaría se caeras na auga?”, preguntaba a nai.
O teu vestido estaría todo sucio e o teu sombreiro estragado.
Non, iso e imposible.
As fadas teñen que estar sempre bonitas. E limpas.
Elas comen bolos sen facer migallas e nos seus vestidos nunca vese unha mancha.
Coas súas doces voces contan unhas historias para encantarse unhas ás outras.
E de vez en cando axitan a variña máxica.
Rosiña pensou que as fadas eran moi aburridas.
E o peor de todo é que ela tamen é unha fada.

Texto original en castellano

El hada Rosiña vivía con su madre en un castillo con torres doradas encima de una nube.
En el día de su aniversario, ella recib una varita mágica.
Una varita mágica loca.
Rosiña habría preferido unos patines.
Mas eso no estaba permitido.
¿Qué sucedería si te cayeras y empezaras a sangrar por la nariz?”,
gritaba la madre.
Eso es horrible para un hada.”
A Rosiña también le gustaría haber recibido un barco.
¿Qué sucedería si te cayeras en el agua?”, preguntaba la madre.
Tu vestido estaría todo sucio y tu sombrero roto.
No, eso es imposible.”
Las hadas tenían que estar siempre bonitas.Y limpias.
Ellas comen bollos sin hacer migajas y en sus vestidos nunca se veía una mancha.
Con sus dulces voces contaban historias para encantarse unas a otras.
Y de vez en cuando agitan la varita mágica.
Rosiña pensaba que las hadas eran muy aburridas.
Y lo peor de todo es que ella también era un hada.


                                                                                        Jenni e Hicham