martes, 23 de febrero de 2016

Joan Margarit

Escritor e arquitecto, naceu en Sanaüja, na comarca de Sagarra en 1938. Estuda Arquitectura en Barcelona.

No ámbito da literatura catalá, fóronlle concedidos os Premios Miguel Palol e Premio Vicent Andrés Estellés de 1982, o Premio Carles Riba de 1985, o Premio da Crítica Serra d´Or de 1982, 1987 e 2007. O Premio Gabriel Ferrater de 2007, o Premio Cavall Verd de 2008 e o Premio Nacional de Literatura da Generalitat de Catalunya, tamén de 2008.
No ámbito do Estado Español, foille concedido o Premio Nacional da Crítica de 1984 e de 2008, o Premio Rosalía de Castro de 2008 e o Premio Nacional de Poesía, tamén de 2008.
No 2013, foille concedido en México o Premio Víctor Sandoval aos Poetas do Mundo Latino.

Obras: Arquitectura.

  • Mercado de Vitoria (1977). Rehabilitación da Fábrica Aymerich de Tarrasa como  Museo da Ciencia e da Técnica de Cataluña.
  • Reforma do Monumento a Cristóbal Colón (1982-1984).
  • Estadio e anel olímpico de Montjuïc (1989).
Forma parte do equipo que dirixe as obras da construcción da Sagrada Familia.

Esta imaxen foi obtida de:https://www.flickr.com/photos/unaexcusa/5373432925/in/photolist-9bQfpg-7b5kZR-ayRNAx-7b5m5i-4KcwsV-5iVFb3-9bQezZ-7kN6NR-7kN6Qi-awtdW2-2dT1b3-8kCuPw-dh26a1-acz1mP-acBcKd-oS5R19-7kN6X4-duG3f9-7kS1mA-pCrLsY-6d26k6-9wGLzm-9wDNKk-9nKhSq-4qDRHr-4snUFA-dFNNbF-9tZzGt-nMVcws-9u3z8S-9u3BFm-62YhoJ-efdnaJ-5iRp1e-odsQZx-5hpa39-acCeP3-b4r94Z-jeN7Pb-ecuUXx-7AP4jN-acBebd-acEjpU-acBKaf-acBLTJ-4guTM2-acBG9A-7AP4ob-7AK7CV-diQXeB 


Jennifer

lunes, 22 de febrero de 2016

Clima de Barcelona

Barcelona ten un clima mediterráneo húmido, así que, en calquera estación do ano Barcelona vive baixo o sol, gozando dun clima cálido e acolledor. As temperaturas son cálidas no verán e suaves no inverno, con pouca oscilación térmica diaria.





















  • Se queres acertar ca roupa da viaxe podes entrar na seguinte páxina:  4 gotas.
                                                                                                                    Clara.

Nova liña de metro ao aeroporto do Prat en Barcelona

O 12 de febreiro do 2016 inaugurouse en Barcelona a nova liña de metro que comunica o aeroporto do Prat co centro da cidade e tamén con Hospitalet de Llobregat e co Prat de Llobregat e, facilita o acceso a centros educativos e comerciais.
O traxecto durará 32 minutos; as estacións nas que parará a liña 9 son :
  • Zona Universitària
  • Collblanc
  • Torrassaç
  • Can Tries-Gornal
  • Europa-Fira
  • Fira
  • Parc Logístic
  • Mercabarna
  • Les Moreres
  • El Prat Estació
  • Cèntric
  • Parc Nou 
  • Mas Blau
  • Aeroport
Esta liña terá unha frecuencia de sete minutos, e está previsto que sexa utilizada por unha media de 23 000 000 de pasaxeiros anuais.
Inma

jueves, 18 de febrero de 2016

Mercado de la Boquería



É un mercado municipal inaugurado no 1840 con máis de 300 postos, que ademais de ofrecer produtos locais, exóticos e frescos, é o mercado máis grande de Cataluña e o máis visitado polos turistas de todo o mundo.
A súa localización débese a que a mediados do século XIX, a muralla de Barcelona remataba nas Ramblas. Os comerciantes decidiron deixar o mercado fóra da cidade para aforrar os impostos que tiñan  que pagar por abrir unha tenda na cidade.

  Enderezo: Les Rambles, 91, 08001 Barcelona.

Horario: De luns a sábado, está aberto dende as 08:00 ata as 20:30, e os domingos está pechado.

Transporte: Metro- Liceu, liña 3.


           Jenni

                                                                                                                     










Antoni Tápies i Puig


Naceu o 13 de decembro de 1923 e faleceu o 6 de febreiro de 2012. Foi pintor, escultor e teórico da arte. Está considerado un dos máis destacados artistas do século XX creando un estilo propio dentro da arte de vangarda.
Antoni Tàpies i la fundació IDIBELL.jpg
Esta imaxe foi obtida de:
 https://es.wikipedia.org/wiki/Antoni_T%C3%A0pies#/media/File:
Antoni_T%C3%A0pies_i_la_fundaci%C3%B3_IDIBELL.jpg

Ao longo da súa carreira recibiu numerosos premios e distincións, entre os que destacan:
 Premio da Fundación Wolf das Artes (1981)
 A Medalla de Ouro da Generalitat de Catalunya (1983)
O Premio Príncipe de Asturias das Artes (1990)
A medalla Picasso da UNESCO (1993)
O Premio Velázquez das Artes Plásticas (2003) 
  
                                                                                                                                    Fundación Antoni Tàpies:

 A fundación Antoni Tápies é un museo e centro cultural situado na cidade de Barcelona. Está adicado principalmente a vida e a obra do pintor.
A fundación foi creada polo propio artista no 1984. A idea era a de crear un centro para o estudo e a promoción da arte contemporánea. 

                         Esta imaxe foi obtida de:
              http://www.tublogdearquitectura.com/?p=5679                                           
                                                                                             Alfonso e Álex















martes, 16 de febrero de 2016

Joan Miró

Joan Miró i Ferrá naceu o 20 de abril de 1893, en Barcelona, e faleceu o día 25 de decembro do ano 1983 en Palma de Mallorca.
Foi escultor, pintor, gravador e ceramista. É considerado un dos máximos representantes do surrealismo.

Estudos:
Estudou comercio e matriculouse na escola de artes La Lonja en horario nocturno.

Premios e recoñecementos: 
  • 1954 Gran Premio de Gravado da Bienal de Venecia.
  • 1959 Gran Cruz da Orde Civil de Alfonso X O Sabio.
  • 1959 Gran Premio da Fundación Guggenheim.
  • 1962 Nomeado Chevalier da Lexión de Honor en Francia.
  • 1966 Premio Carnegie de pintura.
  • 1968 Nomeado doutor honoris causa pola Universidade de Harvard.
  • 1978 foi o primeiro catalán en recibir a Medalla de Ouro da Generalitat de Cataluña.
  • 1979 doutor honoris causa pola Universidade de Barcelona.
  • 1980 recibiu, de mans do rei Juan Carlos I de España, a Medalla de Ouro das Belas Artes.
  • 1983 Nomeado doutor honoris causa pola Universidade de Murcia.
Obras (pintura):
  •  Nord-Sud, 1917 
  •  A masía, 1921 
  •  Retrato da bailarina española, 1921 
  •  Terra labrada, 1923 
  • Carnaval de Arlequín, 1924 
  •  Bodegón do zapato vello, 1937.
  •  Personaxe diante do sol, 1968 acrílico, Fundación Miró en Barcelona.
  •  A esperanza do condenado a morte, 1974 Fundación Miró en Barcelona.
Jenni e Inma

Gran Teatro do Liceu



Foto foi obtida de Depositphotos.
O Liceo, considerado como un dos mellores edificios de ópera en Europa, foi construído en 1847. Incendiouse no ano 1994 e foi reinaugurado no 2000, mantendo a fachada orixinal e mellorando as instalacións.
 É un teatro especializado en representacións de ópera é considerado o máis prestixioso da cidade de Barcelona.
Dende a súa inauguración dende hai case un século, o Liceo foi confluencia e expansión da vida artística, social e política de Barcelona.


Horario:
 De luns a venres: ás 9:30 e ás 10:30 horas.

Horarios visitas exprés:
 Cambian con frecuencia, polo que convén miralos na data escollida.

Prezos das visitas exprés:
Duración da visita é de 25 minutos.
-Adultos: 6 €
-Nenos de 7 a 16: 5 €
-Maiores de 65: 5 €
-Discapacitados: 5 €
-Carné de estudante: 5 €
-Familias (dous ou máis nenos): 20 €
-Gratuíta menores de 7 anos

 Prezos das visitas guiadas:
A duración da visita guiada é de 50 minutos.
-Adultos: 16 €
-Nenos de 7 a 16: 14 €
-Maiores de 65: 14 €
-Discapacitados: 12 €
-Carné de estudante: 12 €
-Familias (dous ou máis nenos): 50 €

Horario das taquillas:
 De luns a venres:
 De 9:30 a 20 horas. Sábados e domingos: de 9:30 a 18 horas.

























lunes, 15 de febrero de 2016

Antonio Gaudí


 Antoni Gaudí

Antoni Gaudí i Cornet foi un arquitecto catalán, recoñecido internacionalmente. Naceu o 25 de xuño de 1852 en Reus e morreu o 10 de xullo de 1926.
Gaudí foi un neno de saúde delicada polo que veuse obrigado a longas tempadas de repouso. Para pagar os seus estudos universitarios, traballou como delineante.
A maioría das súas obras son edificios de estilo modernista, que están declaradas Patrimonio da Humanidade pola UNESCO e, a maior parte, atópanse na cidade de Barcelona e os seus arredores.

domingo, 14 de febrero de 2016

Destino: BCN

Chegamos a Barcelona... Aínda tardamos uns días porque estivemos aprendendo catalán. Escoitamos a Manel, a música de Pulseras vermellas, cancións tradicionais coma Els segadors, Els tres tambors, La Font del Gat. Limos o poema "Esquiaré pels teus ulls"de Juan Kruz Igerabide.
Tamén tivemos que estudar como funciona o metro para poder movernos pola cidade. Aprendimos o plano da cidade Condal... Para iso tivemos que desplegalo nas mesas da biblioteca, porque non cabía en ningures. Distribuímos as tarefas: cada grupo escollería un dos principais edificios da cidade (sobre todo edificios modernistas de Gaudí) e investigaría sobre un artista catalán. Desta volta teriamos que incorporar as coordenadas e os horarios de apertura... Disque imos ter que planificar tres días de turismo en Barcelona, por se nos toca a lotería... Mágoa non poder ir xa a "Negra e criminal" e que aínda estemos en xaneiro para ir á praia...
Aínda estabamos en Barcelona e ampliaron a liña 9 do metro, disque agora chega ao aeroporto... Haberá que recoller a información.
Mayte

martes, 9 de febrero de 2016

Joan Brossa i Cuervo

FotoBrossa.jpg
 Joan Brossa i Cuervo
(19 de xaneiro de 1919 - 30 de decembro de 1998) Barcelona.



Poeta, dramaturgo, escritor, guionista e deseñador gráfico. Recoñecido co premio Nacional de teatro de Cataluña.

Con tan só 18 anos foi chamado para participar na Guerra Civil española. De regreso a Cataluña, a finais de 1941, coñece ó poeta Josep Vicenç Foix.

A súa fundación actualmente está situada en Plaça dels Àngels, 8 1ª pranta.
Imaxes de Joan Brossa


Horario inverno:
Luns e martes: De 8:00 a 14:00h e de 14:30 a 17:00h.
Mércores e xoves: De 8:00 a 15:00h.
Venres: De 8:00 a 14:00h.

Horario verán: 
Xullo: De luns a venres de 9:00 a 14:00h.
Agosto: Permanece pechado.
                                                                                                           Antía e Saleta

jueves, 4 de febrero de 2016

Parque Güell


Parque público con xardíns e elementos  arquitectónicos, situado na parte superior de Barcelona, na vertente meridional do Monte Carmelo. Pertence ao barrio da Saúde, no distrito de Gracia.
Foi deseñado polo arquitecto Antoni Gaudí, máximo expoñente do modernismo catalán, por encargo do empresario Eusebi Güell e construído entre 1900 e 1914. Inaugurado como parque público no 1926. No 1984 a Unesco incluíu o Parque Güell como lugar Patrimonio da Humanidade.
  • O parque abre as súas portas ao público de luns a domingo de 8:00 a 21:30. A súa entrada é totalmente gratuíta. 
  • A liña 3 (verde) é a máis cercana ao parque, a estación mais cercana é a de Mallorca. 
  • As súas coordenadas son:    N 41° 24' 51.372"    E 2° 9' 7.7616"
                                                   N 41.41427             E 2.152156














                      Imaxes obtidas de:
                        http://www.kissfm.es

Miquel Barceló

Miquel Barceló Artigues naceu en Felanitx (Mallorca) o 8 de xaneiro de 1957, actualmente reside en París, Mallorca e Malí.
É un pintor español, próximo á  corriente neo-expresionista. Destaca nos estilos Art Brut e Arte Conceptual.
As súas obras máis destacadas son a decoración da Cúpula da sá XX do Pazo das Nacións Unidas en Xenebra e, no 2008, expuxo 84 pezas da súa obra africana no Centro do Arte Contemporáneo en Málaga.

 Premios:  
  • Premio Nacional de Artes Plásticas no 1986.
  • Premio Príncipe de Asturias no 2003.
  • No 2004 expuxo no museo do Louvre as acualeras que creou para ilustrar La Divina Comedia.
Clara e Luis


miércoles, 3 de febrero de 2016

Casa Batlló

A casa Batlló é un edificio deseñado polo arquitecto Antonio Gaudí e construída no ano 1875 polo artista Emilio Sala Cortés.            
Está situado no número 43 do Paseo de Gracia, de Barcelona.
Barcelona - casa Batllo from GaudiThe facade of the Casa Batllo in Barcelona, Spain
Dende fóra, a fachada parece como se estivese feita de cranios e ósos. Os cranios son en realidade balcóns e os ósos son piares.
Gaudí usou cores e formas inspiradas na vida mariña. O edificio foi deseñado para Josep Batlló, un rico aristócrata, como vivenda de luxo. O señor Batlló residiu nos pisos baixos coa súa familia e as plantas superiores alugáronse como apartamentos.



 Localización: Passeig de Gràcia, 43.
Horario de visita: Todos os días de 9:00 a 21:00 horas.
Prezo:
                    -Adultos: 20,35€.
                    -Estudantes: 16,30€.
                    - Menores de 7 anos: entrada gratuíta.
Transporte:

                            -Metro: Passeig de Gràcia, liñas 2, 3 e 4.
                            -Autobús: liñas 7, 16, 17, 22, 24 e 28.

                  

Inma e Jenni


martes, 2 de febrero de 2016

Museo do chocolate


 


 O Museu de la Xocolata ubícase no edificio histórico do antigo Convento de Sant Agustí. Amosa un percorrido a través da historia do chocolate, dende a producción do cacao en América ate obras de arte realizadas co producto.
Sorprenden os tickets comestibles.
  • Localización:  Calle Comerç, 36.
  • Horario de visita:
De luns a sábado en horario de: 10:00 a 19:00 horas.
Domingos e festivos en horario de: 10:00 a 15:00 horas.
  • Prezo:
Adultos: 5€
Estudantes: 15% de desconto.
Menores de 7 anos: entrada gratuíta.
  • Transporte:
Metro: Jaume l, liña 4; Arc de Triomf, liña l
Autobús: liñas 14, 39 e 51.

lunes, 1 de febrero de 2016

"Els tres tambors" canción e tradución

      Catalán
       Si n'eran tres tambors                                     _ Deu te guarde, bon rei,                     
       venien de la guerra.                                          vols darme la filleta?
       El mes petit de tots                                           _ Ix me d'aqui,tambor,
       porta un ram de rosetas,                                  abans no t'faci pendre,
       ram ram pataplán,                                              ram ram pataplán...
       porta un ram de rosetas.                               
                                                                                        _ Non m'faren pendre vos,
                                                                                          ni cap d'aquesta terra,
        La filla del bon rei                                               que alla n'el meu pais
       si n'era a la finestra.                                            hi tinc gent que m'defensa,
     _Tambor,tambor,tambor,                                    ram ram pataplán...
       doneisme una roseta,
       ram ram pataplán...                                          _Digues,digues,tambor,
                                                                                         qui es dons el teu pare?
   _ No us donaré jo el ram                                       _El meu pare es el rei
      si no deu l'amoreta.                                             de tota l'Anglaterra,
   _L'haveu de demandar                                           ram ram pataplán...
     al pare i a la mare,
     ram ram pataplán...                                            _Vina,vina,tambor,
                                                                                          que te daré la filleta.
     Si ells diuen que si                                               _ Alla n'el meu pais
     per mi no s'ha de perdre.                                    s'en veuen de mes belles,
     Tambor se n'va a trobar                                       ram ram pataplán...
     al rei i la reina,
    ram ram pataplán...




         Galego
    Os tres tambores                                                   Deus che garde, bo rei,
     que viñan da guerra.                                            queres darme a túa filla?
     e o mais pequeno de todos                                  Vaite de aquí, tambor,
     leva un ramo de rosas,                                          antes de que che faga prender,
     ram,ram,pataplán,                                                 ram, ram pataplán....
     leva un ramo de rosas.
                                                                                    Non me faga vostede prender
     A filla do bo rei                                                       nin marchar desta terra,
   saíu a fiestra.                                                  que alá no meu país
    Tambor,tambor,tambor,                                     teño xente que me defenda,
     se me das unha rosa,                                            ram ram pataplán...
     ram ram pataplán...
                                                                                         Di, di, tambor,
     Non che darei o ramo                                           di entón quen é o teu pai?
     se non eres o meu amor                                       Meu pai é o rei
     pedireillo                                                                  de toda Inglaterra,
     ao teu pai e a túa nai,                                           ram, ram pataplán...
     ram ram pataplán...
                                                                                          -Veña, veña tambor,
     Se eles din que si                                                     que che darei a miña filliña. 
     por min non se vai perder.                               -Alá no meu país.
     Tambor vai buscar,                                vense mais belas,
    ao rei e a raiña,                                                         ram, ram pataplán...
    ram, ram pataplán...
   Alfonso