viernes, 25 de marzo de 2016

Xogos Olímpicos en Barcelona

                                                        Xogos Olímpicos en Barcelona

París sería un candidato "muy fuerte" para Juegos Olímpicos de 2024.

Os xogos de Barcelona foron en 1992 considerados no seu momento como os mellores da historia.
Barcelona acolleu os Xogos do Verán da XXV Olimpiada da época moderna, do 25 de jullo ao 9 de agosto de 1992.


Os Xogos de Barcelona convertéronse de feito na carta de presentación internacional da España democrática. O país transmitiu unha imaxe de dinamismo e modernidade que foi decisiva á hora de romper estereotipos e de presentar a España como un país europeo avanzado ante a sociedade internacional.

Tiveron que realizarse numerosos cambios para que fose elixida cidade olímpica. Moitos deses cambios contribuíron á mellora da cidade de Barcelona en todos os aspectos como, por exemplo, as infraestruturas ou as prazas hostaleiras. Eses cambios e melloras foron:
  1. A mellora e adecuación das infraestruturas do aeroporto de Barcelona, tamén coñecido como aeroporto do Prat. Mellorouse a terminal B e creáronse as terminais A e C.
  2. A Vila Olímpica situouse nun sector da cidade moi degradado, o que provocou a restauración de devandita zona. 
  3. Modernizáronse partes da cidade para satisfacer as necesidades do Comité Olímpico.
  4. Creáronse novos hoteis e reformáronse algúns dos que xa existían.
  5. Construíronse novas e modernas instalacións deportivas, como o Palau Sant Jordi e o Porto Olímpico.
  6. A cidade de Barcelona abriuse ao mar.
 Grazas aos xogos olímpicos de Barcelona a cidade incrementou o turismo e o comercio, así como a economía da cidade. Tamén influíu na forma de construcción de edificios, no estilo artístico dos cadros e esculturas.

Participaron 169 países, e 9364 atletas.Son o maior evento deportivo internacional multidisciplinario no que participan atletas de diversas partes do mundo. Os deportes que participaron no xogos foron:

  • Atletismo
  • Bádminton
  • Béisbol
  • Baloncesto
  • Boxeo
  • Piragüismo
  • Ciclismo
  • Esgrima
  • Fútbol
  • Ximnasia
  • Halterofilia
  • Balonmán
  • Hípica
  • Hóquei sobre herba

  • Judo
  • Loita
  • Natación sincronizada
  • Natación
  • Péntatlon moderno
  • Waterpolo
  • Remo
  • Saltos de trampolín.
  • Tenis
  • Tenis de mesa
  • Tiro
  • Tiro con arco
  • Vela








  • Voleibol
Antía












O sentido figurado: Ironías, comparacións, metáforas e lítotes.

Posto que no libro de Ámote Leo A que estamos lendo atopamos unha ironía, estivemos repasando as figuras retóricas e decimos poñer algúns exemplos. A ironía que nos fixo rir no libro foi "aquí debeuse hospedar algún fenicio cando arribaron ás costas ibéricas" (Pax. 56)








Comparación: Figura retórica de pensamento no que se comparan dous termos.
- Eres tan branca coma a neve.
- Tes os ollos coma o mar.

Metáforas: Figura retórica de significación. Substitúese un termo por outro co que garda similitude.
- As perlas da túa boca.
- O mar da túa cara.

Lítote: Figura retórica de pensamento que ten algunha semellanza coa ironía, porque tamén hai que entender algo diferente ao que se expresa en sentido literal.
- O meu profesor non é baixo, mide 1,90.
- Meu irmán non é pequeno. (Ten 35 anos)

 Ironía: Figura retórica de pensamento, ca cal expresamos o contrario do que queremos dicir.
- En Galiza case nunca se utiliza o paraugas.
- Gústanos facer tantos exercicios.
Álex

jueves, 24 de marzo de 2016

Palau da Música de Barcelona

É un auditorio de música situado na rúa Sant Pere més Alt, no barrio de A Ribera de Barcelona. Foi construído polo arquitecto Lluís Domènech i Montaner, un dos máximos representantes do Modernismo catalán. A construcción levouse a cabo entre os anos 1905 e 1908. No 1997 a  UNESCO incluíno na súa relación de Patrimonio da Humanidade.
Palau de la Música Catalana, the Catalan Concert Hall.jpg
https://es.wikipedia.org/wiki/Palacio_de_la_M%C3%BAsica_Catalana#/media/File:Palau_de_la_M%C3%BAsica_Catalana,_the_Catalan_Concert_Hall.jpg

Localización:
Palau da Música Catalana
C/ Palau de la Música, 4-6
08003 Barcelona
Teléfono: 93 295 72 00

 Horarios de taquilla:
Para os espectáculos: De luns a sábado: de 9.30 a 21 h. Domingos e festivos, de 10 a 15 h e dúas horas antes do concerto.
Tel.: 902 442 882
Fax: 93 295 72 08
Correo electrónico: taquilles@palaumusica.cat

Facilitarase o acceso ás personas con algunha discapacidade, para iso recoméndase chamar ao 902 442 882 no momento de adquirir as  localidades.

Servizo de cafetería e restaurante:
O Palau da Música dispón de cafetería, aberta de 9 a 24 h de luns a domingos, situada na pranta de Foyer.
Servizo de restauración no Restaurant El Mirador durante as funcións.
Non se permite a entrada na sala de ningunha clase de alimento nin bebida.


Como chegar:

Autobús Liñas: V15, V17, 45
Barcelona Bus Turístic (ruta azul e vermella): Parada Plaza Cataluña
 City Tours (Barcelona Tours): Parada 2, Gótico.



 Metro Urquinaona: L1, L4


 
 RENFE: Estación Plaza Cataluña
FGC: Estación Plaça Cataluña

              
Parking SABA Pl. Urquinaona, Pl. Cataluña e Catedral
Xa podes asistir aos concertos e actividades do Palau sen problemas no aparcamento. Cos parkings SABA, estaciona o teu vehículo cómodamente os aparcamentos do Pl. Urquinaona, Pl. Cataluña e a Catedral con prezos especiais nas Taquillas do Palau da Música Catalana.


 Ademais, se eres abonado ao Palau ou socio do Orfeó Català poderás disfrutar dun prezo aínda máis ventaxoso para as tres tipoloxías de tickets existentes: 2 horas, 4 horas e a modalidade nocturna exclusiva para os clientes do Palau (de 20h a 7h).









Compra o teu ticket físico ou unha carga de VíaT nas Taquillas do Palau: 902442882 / http://www.palaumusica.cat/es/venta-de-entrades_180114

Coordenadas GPS:
X: 2.18376852308387, Y: 41.3833739841825
41°23′15″N 2°10′30″E

Historia:
Este proxecto foi aprobado pola asamblea o 31 de maio de 1904 e, despois de 3 anos, inaugurouse.
O auditorio foi destinado a concertos de música orquestal e instrumental, así como interpretacións corais e a recitais de cantantes. 
O Palau da música catalana foi declarado Monumento Nacional no 1971.
do centenario e ademais para conseguir recursos privados con actividades 
organizadas no Palau.

Antía e Saleta














viernes, 18 de marzo de 2016

Economía de Barcelona

Barcelona é a zona máis industrial de España, destaca pola súa industria téxtil, alimentaria (embutidos e cava), química e automobilística. O porto de Barcelona, un dos máis importantes de España e do Mediterráneo, simboliza a súa tradicional actividade comercial.

É unha das cidades con maior turismo polos seus atractivos praias, o seu patrimonio artístico e a intensa vida cultura.

Resultado de imaxes para Economía en BarcelonaGrazas os xogos olímpicos de Barcelona en 1992 a economía mellorou moito.