lunes, 20 de junio de 2016

Albaicín


O Albaicín é un barrio popular onde vivían os árabes no século XI ata o século XV.

Resultado de imaxes para albaicin
https://goo.gl/cVCeAk
O Albaicín fórmano casas con rúas estreitas e algunhas sen sda, para protexer o barrio, as casas están pintadas de branco xa que absorbe menos a calor e tamén por motivos de hixiene. Algunhas vivendas teñen xardíns, son os  chamados Cármenes.

A Porta Elvira construíuse no século XI polos sultanes Zeríes, foi a entrada principal a Granada e por onde entraban as mercadurías como a seda.

Ao entrar pola Porta Elvira atópase unha rúa principal co mesmo nome, ao longo dela hai moitos bares algúns serven comida rápida como shawarma, tendas de obxetos típicos do Norte de África e cerámicas típicas de Granada.

Resultado de imaxes para calle de la caldereria
https://goo.gl/RJHzVW
Á esquerda atópase a Rúa da Caldererería Nova coñecida como a Rúa das Teterías,porque abundan as tendas de teterías, cachimbas, farolas árabes, Tajine, etc.

O  Mirador de San Nicolas é un lugar situado na colina do Albaicín, onde a xente vai pasar as tardes para escoitar a música dos guitarristas, mirar a Alhambra dende o alto e sacar fotos. Nél atópase a igrexa de San Nicolás do século XVI, foi construída sobre unha antiga mesquita.

Subindo atopáse San Miguel Alto, o Mirador máis alto da cidade. Desde el pódese ver toda Granada, nél atópase a Ermida de San Miguel Alto construída no 1671.
A Ermida era un lugar de oración e acollida de persoas de relixión católica.
 
Hicham Khedar

No hay comentarios:

Publicar un comentario