lunes, 20 de junio de 2016

Catedral de Granada

A catedral de Granada é un templo católico e a sede da arquidiocese da cidade.Localizase no centro da cidade, entre a rúa Oficial, rúa Cárcel, praza das Pasiegas e a Gran Vía de Colón. É unha das obras cumes do Renacemento español.
Durante o reinado de Carlos I leváronse a cavo  numerosas construcións coma a Catedral de Granada, a Catedral construíuse entre o ano 1526 e 1561, a súa arquitectura e do Renacemento e do Barroco.
No 1664 Alonso Cano reformou a fachada principal, na cal introduxíronse elementos barrocos dándoselle tamén o seu nome a faculdade de belas artes. En 1706 Francisco de Hurtado e despois del José Bada contribuíron ao actual sagrario da catedral.
Dentro da Catedral hai varias capelas como a capela da Virxe do Pilar a capela da nosa señora do Carmen.
 A catedral só ten unha torre debido a que cando a estaban construíndo os arquitectos non calcularon os cimentos. Chegado un certo momento, os arquitectos observaron coma os cimentos da torre que estaban construíndo empezaron a derrumbarse e detiveron a súa construción.

Prezo:
- Entrada xeral individual ou grupos: 5 euros (audioguía incluída)
- Estudantes: 3,5 euros
- Menores de 12 anos e discapacitados: entrada gratuíta
- Colexios de Granada e da provincia: gratuíto (sen audioguía)
 
Horario: 
- De luns a sábado: de 10:30 a 18:00 horas
- Domingos e festivos: 14:30 a 17:30 horas

Datos de contacto:
Direción: Gran Vía de Colón 5, 18001. 
Teléfono: 958 222 959.  
 

 
 
 
 


 


No hay comentarios:

Publicar un comentario